domingo, 6 de mayo de 2012

REENGANCHAMOS!

Levo días sen publicar entradas, pero isto non significa que non estean preparadas! Temos unha chea de fotos novas coas actividades dos últimos días, aniversarios, maquinistas de tren, contos favoritos... e ata un vídeo! Vaiamos paso a paso :)
Hoxe gustaríame explicar un pouquiño cómo se pode comentar neste blog para que a partir  desde novo reenganche se convirta nun espazo de comunicación e intercambio, tal e como foi pensado.
Nun primeiro momento só podía comentar xente rexistrada, ben fose con correo de gmail (moi sinxelo) ou dende outras aplicacións. Agora xa non! Calquera pode comentar, non é preciso rexistrarse nin deixar datos ningúns. É moi fácil:

- Escollemos a entrada na que queiramos comentar, e facemos click sobre "nº comentarios".

- Na pestana "Comentar como:" seleccionamos "ANÓNIMO".

- Escribimos o noso comentario, facemos click en "Publicar", e listo! Aínda que...non estaría mal poñer algún nome ó final para que se saiba de quén é.

Suxiro agora que comenten pero non só mamás e papás; hoxe van comentar os nenos e nenas! En maiúsculas (que son máis fáciles para identificar) poden poñer nun comentario soamente o seu nome, tecla a tecla (con axuda).

Cantos máis nomes teñamos, máis rápido virá a seguinte entrada: as fotos de maquinistas e as da sesión de contacontos levada a cabo por Kalandraka.


*E que ninguén se preocupe se o seu comentario non aparece ó momento. Ás veces están agachados ata unhas horas despois, pero sempre volven ;)

21 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Ola, está moi ben isto de poder ver fotos das actividades da clase, ¡e como cambian o longo do ano os nosos rapaces!.
      Grazas por achegarnos eses momentos profe.

      A Sabela gustoulle ver as fotos e así nos contou máis cousas dos seus compañeiros.

      Nai de Sabela

      Eliminar
  2. Ejem...ejem...probando, probando...un, dous, tres,..

    Despóis deste pequeno empurronciño da "nosa" titora; nós vámonos lanzar..

    Xa estamos desexosos de ver o video dos nosos nenos no seu hábitat da escola¡¡

    PaiNai_de_Lois

    ResponderEliminar
  3. Moi ben! Faltan 7 por poñer o seu nome pero conseguirémolo.
    Pai e nai de Lois, grazas por comentar. Agora vai unha entradiña con algunhas actividades e traballos dos últimos días e despois...toca vídeo!
    Saúdos

    ResponderEliminar